A Deputación de Lugo acollerá as 'XXXV Xornadas Luis Asorey'

LugoXa
Desenvolveranse do 18 ao 27 de novembro no Salón de Actos da Deputación de Lugo en horario de 19.00 a 21.00 horas
Inauguración xornadas Luis Asorey
11 Nov 2024

A Real Academia Galega de Ciencias e a Deputación de Lugo, coa colaboración do Campus Terra da Universidade de Santiago, celebran as 'XXXV Xornadas Luis Asorey', centradas nesta edición na importancia da alimentación, o medio ambiente e a saúde.

Desenvolveranse do 18 ao 27 de novembro no Salón de Actos da Deputación de Lugo en horario de 19.00 a 21.00 horas.

Solicitouse a homologación á Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional como actividade de formación permanente do profesorado.

Nestas, o coordinador será Antonio Rigueiro Rodríguez, que dará a primeira charla o 18 de novembro sobre ‘Monte, natureza, alimentación e saúde’.

Pola súa parte, María Rosaura Leis falará de ‘Dieta Atlántica, sostibilidade e saúde o martes, 19 de novembro; e María de los Ángeles Romero falará de ‘Envellecemento saudable a través da nutrición o mércores, 20 de novembro.

Xa o xoves, 21 de novembro, María Dolores Raigón tratará a ‘Agroecoloxía e saúde. Vantaxes e diferenzas nutricionais dos alimentos ecolóxicos’; o luns 25 Ángel María Carracedo tratará a ‘Xenética, medio ambiente e saúde; o martes 26 tratarase a ‘Dieta Atlántica en comparación con outras dietas convencíais con Gumersindo Feijoo; e o mércores 27 José María de Matías falará da Dieta Atlántica e prevención da obesidade e deenfermedades endocrinas.

0.15464210510254