A Deputación de Lugo impulsa unha xornada sobre bioconstrución no Lugar de Reque

LugoXa
A actividade, que se celebrará o 23 de abril coincidindo co Día da Terra, abordará o uso da terra na construción sustentable con expertos internacionais
espazo-Permacultural-do-Lugar-de-Reque-no-Rato-Lugo
19 Apr 2026

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo organiza, en colaboración coa Asociación Corripa e coa Escola Politécnica Superior de Enxeñería de Lugo, unha xornada centrada na bioconstrución que terá lugar o vindeiro xoves 23 de abril.

Coincidindo coa celebración do Día da Terra e enmarcada no programa de permacultura que se desenvolve no Lugar de Reque, a iniciativa porá o foco no emprego da terra como material construtivo. O encontro contará coa participación de especialistas nestas técnicas como Carolina Sánchez Sanz e Alejandro Fernández Palicio, así como de Walter Secci, membro da Asociazione Città della Terra Cruda de Sardeña, en Italia, entidade que leva a cabo unha destacada labor de divulgación e dinamización arredor das posibilidades do adobe.

A xornada desenvolverase na Sala de Xuntas da Escola Politécnica Superior de Enxeñería a partir das 16.30 horas. A asistencia será gratuíta, aínda que será preciso realizar unha inscrición previa a través do correo electrónico lugardereque@deputacionlugo.org.

0.11059999465942