A Deputación de Lugo recibe ao Muralla Rugby Club tras proclamarse campións galegos sub 14

LugoXa
Felicitaron aos xogadores polo título acadado e puxeron en valor a súa aposta por un deporte como o rugby
sub-14-do-Muralla-Rugby-Club-Lugo
16 Jun 2025

O vicepresidente da Deputación de Lugo, Efrén Castro, recibiu este venres no Pazo de San Marcos ao equipo sub 14 do Muralla Rugby Club, que vén de proclamarse campión da Copa Galega de Rugby 7.

No acto tamén participou o concelleiro de Infraestruturas do Concello de Lugo, Álex Penas. Ambos felicitaron aos xogadores polo título acadado e puxeron en valor a súa aposta por un deporte como o rugby, así como o compromiso e o labor do club e das familias que o sosteñen.

A conquista da Copa supón, ademais, un recoñecemento ao traballo que o Muralla Rugby Club vén desenvolvendo como entidade referente deste deporte desde as categorías de base.

⚙ Configurar cookies
0.20241379737854