A Deputación expón a súa estratexia para fixar poboación no rural na Fonsagrada

LugoXa
O deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participou na Xornada Promoción do Emprego para Repoboar o Rural que organizou o GDR Montes e Vales Orientais na Fonsagrada, e que se desenvolveu con mesas de traballo, presentacións e coloquios.
Xornada de promoción do emprego para repoboar o rural
28 Abr 2024

O deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participou na Xornada Promoción do Emprego para Repoboar o Rural que organizou o GDR Montes e Vales Orientais na Fonsagrada, e que se desenvolveu con mesas de traballo, presentacións e coloquios.

Rivera Capón salientou o compromiso da institución provincial e o esforzo que dedica por impulsar iniciativas que contribúan a fixar poboación no rural e afrontar con eficacia o reto demográfico, tendo como eixo principal a colaboración directa e estreita cos concellos máis pequenos. Exemplificou con programas concretos, como E para vivir...Lugo, financiado con fondos europeos e que involucra aos concellos da provincia en busca de solucións innovadoras que aproveiten os recursos endóxenos das zonas rurais, e deste xeito contribuír a fixar poboación nestes territorios, con especial atención nos de menos de 5.000 habitantes.

Outro exemplo é a acción Impulsa TIC, un proxecto co que que a Deputación lles proporcionará de maneira gratuíta aos concellos servizos e equipamentos para avanzar na transformación dixital da administración e así prestar un servizo mellor. Fixo fincapé tamén na iniciativa Acelera Pemes para que as empresas e autónomos aproveiten os recursos que ofrece a dixitalización para modernizar e mellorar o seu negocio nos concellos máis pequenos.

Pero tamén incidiu na importancia do Plan Deputación como “unha fonte de recursos fundamental para os concellos, sen o que moitos non poderían prestar nin os servizos máis básicos, que son imprescindibles á hora de que unha familia ou unha empresa decida instalarse nun ou noutro lugar”. Co mesmo obxectivo, a Deputación lanzou o Programa para a Dotación e Mellora de Servizos Comunitarios, que, dixo, “é moi útil porque colaboramos cos colectivos pegados ao territorio en facer das nosas vilas e municipios lugares mellores nos que vivir”.

 

 

0.20116901397705