Rural
Unha vintena de obradoiros de artesanía chegarán á provincia de Lugo en novembro co programa Mans Artesás
A deputada Iria Castro participou na clausura do curso de cestería impartido por Beatriz Valín en Labio, unha iniciativa que achega os oficios tradicionais ás asociacións culturais e veciñais
GaliciaXa
Reactivadas as comunicacións para as queimas agrícolas e para os restos forestais amoreados
Estas comunicacións poden realizarse a través da web específica ou chamado ao 012
Medio Rural avanza na reestruturacion parcelaria de San Fiz de Paz, en Outeiro de Rei
A directora xeral de Desenvolvemento Rural fixo hoxe entrega ás 234 persoas propietarias dos terreos dos boletíns das bases deste proceso, que abrangue 1.749 parcelas
O BNG reclama activar unha nova ruta de taxi a demanda para seis parroquias de Lugo
A proposta inclúe Orbazai, Adai, Ombreiro, Piúgos, Cuíña e Saa e busca retomar a ampliación do transporte público rural, paralizada tras a moción de censura
O BNG reclama retomar a ampliación do taxi a demanda ás parroquias rurais de Lugo
Rubén Arroxo anuncia unha moción para impulsar a segunda fase do servizo, que prevía unha nova ruta para conectar Orbazai, Adai, Ombreiro, Piúgos, Cuíña e Saa coa cidade
O BNG inicia unha rolda de reunións sobre o proxecto de ampliación do taxi a demanda no rural de Lugo
Trasladará ao pleno a continuidade dunha iniciativa destinada a facilitar o acceso ao transporte público á veciñanza das 54 parroquias do rural lucense
O Concello de Lugo prepara cambios no autobús urbano con información en tempo real e pago con tarxeta
O acordo coa concesionaria prevé renovar os sistemas de información, revisar rutas para mellorar conexións co HULA e o cemiterio e ampliar o taxi a demanda no rural, que aspira a cubrir todas as parroquias, tal como pedía o BNG
Organizan unhas xornadas en Lugo para abordar os retos do cambio climático nas explotacións gandeiras
A Asociación de Produtores de Leite Ecolóxico de Galicia organiza o encontro o 15 de outubro coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación
ExpoLugo A Rural reúne en Lugo razas autóctonas, produtos tradicionais e maquinaria agrícola
A mostra gandeira, instalada xunto ao Vello Cárcere, permite coñecer exemplares de diferentes razas e inclúe unha degustación gastronómica e unha exposición fotográfica sobre as explotacións da provincia
LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa
Os custos de produción, a sanidade animal e a prevención de incendios centran o diálogo entre Medio Rural e Agromuralla
A reunión abordou os principais retos da gandaría galega, con especial atención á situación do sector lácteo e ao papel do pastoreo extensivo na xestión do territorio
Labio acolle un curso de cestería do programa Mans Artesás da Deputación de Lugo
A formación, impartida por Beatriz Valín, desenvolverase durante todo o mes de outubro con sesións de catro horas cada martes
O BNG reclama unha solución urxente aos problemas de saneamento na parroquia de Pías
Rubén Arroxo denuncia que o sistema de bombeo que conecta o núcleo cos colectores xerais leva varias semanas funcionando de maneira deficiente e reclama medidas para evitar que as augas fecais regresen ás vivendas
Expolugo A Rural volverá ao San Froilán os días 10 e 11 de outubro cunha mostra de razas autóctonas
A carpa do Cantiño Nemesio Cobreros reunirá exemplares de gando galego, maquinaria clásica e degustacións de produtos tradicionais, mentres que o Pazo de Feiras acollerá unha xornada de formación para profesionais do sector
Eventos
OcioenGalicia
Cocido de Porco Celta de Sarria
OcioenGalicia
129 aniversario de Avelino Díaz en Riotorto y Meira
Medio Rural pón en valor en Castro de Rei a contribución das comunidades de montes para favorecer a xestión forestal
A directora xeral de Planificación e Ordenación Forestal visitou hoxe este concello, no que se levaron a cabo actuacións de repoboación con dúas especies de piñeiro
O Parlamento pide impulsar a formación en apicultura na Escola Agraria de Becerreá
A iniciativa do PP, aprobada por unanimidade, busca reforzar a profesionalización do sector e aproveitar o potencial da montaña lucense
LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa
Publicada a resolución das axudasa razas autóctonas da Vicepresidencia da Deputación
O Boletín Oficial da Provincia publicou onte a resoluciòn provisional do programa Morenas, que beneficia 62 ganderías lucenses
LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa
12 concellos lucenses reciben equipamento destinado á prevención de incendios forestais
ADEGA-Lugo organiza unha foliada solidaria en Reque como peche da campaña “Río Rato sen cemento”
A asociación quere converter este encontro nunha celebración colectiva do apoio conseguido durante a campaña, cunha xornada de música, encontro e reivindicación para poñer en valor as nacentes do Rato
Flor Rubinos anuncia que o Concello de Lugo contratará o servizo de baleirado de fosas sépticas para os núcleos do rural
A concelleira lembra que o Partido Popular xa defendeu esta medida no Pleno municipal celebrado en febreiro de 2025
Baleira abre o prazo de inscrición para expositores da novena Feira do Mel da Montaña
O encontro, que terá lugar o 24 e 25 de outubro, ofrecerá espazos gratuítos para quen queira mostrar e vender mel e produtos artesanais
Sete empresas preséntase para executar as obras da senda de Ombreiro
A través deste contrato, licitado por máis de 820.000 euros executarase nas marxes desta vía un itinerario de algo máis de 1,2 km de lonxitude entre a Ponte e Riazón, fomentando a mobilidade sustentable e mellorando a seguridade viaria







