A Deputación exporá o modelo de atención aos seus maiores na Semana Europea das Rexións

Pol
TerraChaXa | LugoXa
O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, exporá o modelo público de atención aos maiores que ten implantado a institución provincial na Semana Europea das Rexións e das Cidades 2020, o maior evento anual de política rexional de Europa.
11 Out 2020

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, exporá o modelo público de atención aos maiores que ten implantado a institución provincial na Semana Europea das Rexións e das Cidades 2020, o maior evento anual de política rexional de Europa. Farao este martes, durante o seminario sobre o reto do envellecemento activo que coordina a Deputación no marco deste encontro, tras ser seleccionada entre 6.000 candidaturas.

José Tomé participará vía telemática no obradoiro de traballo, no que se abordará a situación das persoas maiores en Europa logo da pandemia co fin de intercambiar boas prácticas, ideas, medidas e solucións que fomenten o seu benestar e mellora da calidade de vida.

Xunto á Deputación de Lugo participarán no obradoiro a rexión austríaca de Burgerland, que analizará os coidados domiciliarios; o municipio Palaio Fairo, de Grecia, que abordará o investimento nun envellecemento saudable e activo a través da dixitalización, e a municipalidade italiana de Mantua, da rexión de Lombardía, en Italia, que amosará a experiencia dun laboratorio local de innovación en benestar.

No marco do compromiso da institución provincial co benestar das persoas maiores da provincia, a Deputación de Lugo propuxo a discusión dos retos comunitarios sobre o envellecemento activo e foi seleccionada, entre máis de 6.000 candidaturas, para participar xunto a representantes políticos, persoal funcionario, expertos e académicos nesta plataforma que agrupa rexións e cidades de toda Europa. En 2019, máis de 9.000 persoas participaron na Semana Europea das Rexións e das Cidades.

0.18412804603577