A Deputación inviste nun depósito contra incendios e na mellora da Casa da Xuventude laurentina

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, e a alcaldesa de Lourenzá, Rocío López García, asinaron este martes no Pazo de San Marcos o convenio de colaboración polo que a institución provincial achega de preto de 50.
recursos_mfom_sala_prensa_c33436dbda7d590f7bf908e44e253648_light firma_convenio_a 8
21 Out 2020

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, e a alcaldesa de Lourenzá, Rocío López García, asinaron este martes no Pazo de San Marcos o convenio de colaboración polo que a institución provincial achega de preto de 50.000 euros para levar a cabo dúas importantes actuacións para a veciñanza desta localidade da Mariña. 

Por unha banda, o convenio contempla a construción dun depósito de auga contra incendios en Cadros, na parroquia de Santo Tomé. Esta é unha infraestrutura moi necesaria ao tratarse dunha zona forestal moi extensa e que ten como obxectivo a  prevención e defensa contra os lumes. 

Por outra banda, tamén se inclúen melloras na Casa da Xuventude para dar solución aos problemas de impermeabilización que sofre a fachada cando hai forte choivas. Estas obras son moi importantes porque “neste inmoble é onde se atopa o PAI (Punto de Atención á Infancia) da localidade, e tamén se utiliza para desenvolver obradoiros e actividades, tanto que organiza o Concello como diferentes colectivos ao longo do ano”. 

José Tomé enmarcou esta colaboración coa Concello de Lourenzá no compromiso da Deputación coa cooperación cos concellos e destacou a axilidade na resposta ás súas demandas. “Unha vez que os convenios teñen o visto bo da Xunta de Goberno xa fixamos unha data para asinalo coa entidade ou concello beneficiado, neste caso o Concello de Lourenzá, cun obxectivo claro: que tanto os concellos, como os colectivos da nosa provincia poidan seguir avanzando na dotación e na mellora dos servizos que prestan, nuns momentos que están a ser difíciles debido á crise sanitaria da Covid-19”.

0.17198705673218