A Deputación licita por máis dun millón de euros o equipamento do Centro de Atención a Maiores de Becerreá

LugoXa
O contrato, dividido en cinco lotes, inclúe mobiliario, material sanitario, lavandería e equipamento xeral para avanzar na posta en marcha da futura residencia
residencia-de-maiores-Becerreá
5 Jun 2026

A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou a licitación do subministro de equipamento destinado ao Centro de Atención a Maiores de Becerreá, por un importe de 1.058.847,70 euros. O anuncio foi realizado tras a reunión semanal celebrada no Pazo de San Marcos polo deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, quen detallou o alcance desta actuación.

O contrato estrutúrase en cinco lotes diferenciados: mobiliario, aparellos electrodomésticos e produtos de limpeza no primeiro; equipamento e artigos médicos, farmacéuticos e de hixiene persoal no segundo; material de lavandería no terceiro; cortinas e material téxtil no cuarto; e, finalmente, sinais e outros artigos relacionados no quinto.

Rivera Capón lembrou que este mesmo mércores se constituíu a comisión de seguimento do convenio interadministrativo de cooperación entre a Deputación e o Concello de Becerreá para a posta en marcha do centro. Neste sentido, subliñou que con esta licitación se continúa avanzando na preparación da residencia para a súa futura entrada en funcionamento.

O deputado destacou ademais que nos últimos anos se desenvolveu unha intensa actividade administrativa, técnica e xurídica para facer posible a apertura destas instalacións, que forman parte da planificación de servizos de atención ás persoas maiores na provincia.

0.096359014511108