A Deputación organiza o IX Concurso Fotográfico polos 20 anos da Reserva da Biosfera dos Ancares Lucenses

LugoXa
O certame repartirá 1.600 euros entre as tres fotografías gañadoras e premiará imaxes que destaquen o patrimonio natural, cultural e etnográfico da Reserva
Os-Ancares
3 Oct 2026

A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou a convocatoria da IX edición do Concurso Fotográfico, que nesta ocasión estará dedicado ao 20º aniversario da Reserva da Biosfera dos Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá.

O certame repartirá un total de 1.600 euros en premios entre as tres fotografías gañadoras. A imaxe que obteña o primeiro premio recibirá 800 euros, mentres que a segunda clasificada será premiada con 500 euros e a terceira con 300 euros.

As fotografías deberán poñer en valor o patrimonio natural, cultural e etnográfico da Reserva da Biosfera. Tamén poderán mostrar prácticas e actividades tradicionais relacionadas co aproveitamento dos recursos naturais que contribúan á conservación do patrimonio deste territorio.

As persoas interesadas poderán presentar as súas fotografías a partir do día seguinte á publicación das bases no Boletín Oficial da Provincia, prevista para a vindeira semana.

0.14808797836304