A Deputación potencia o Panchorro como epicentro do surf mundial

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, participou este venres na presentación da segunda edición do Illa Pancha Challenge, que se celebrará entre este domingo e o martes na costa de Ribadeo.
foto Reme
7 Feb 2020

A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, participou este venres na presentación da segunda edición do Illa Pancha Challenge, que se celebrará entre este domingo e o martes na costa de Ribadeo. Trátase dunha cita co surf na que case unha trintena de profesionais retarán ao Panchorro, unha onda de 20 metros que se produce fronte Illa Pancha cando se dan unhas condicións meteorolóxicas determinadas. A Deputación de Lugo colabora na organización do evento cunha achega de máis de 12.000 euros.

García Porto asegurou que o Illa Pancha Challenge 2020, que reunirá a preto de 10.000 persoas e se retransmitirá en máis de 100 países vía streaming, “é o escaparate perfecto para promocionar a provincia”. A responsable provincial de Turismo asegurou que o interese que esperta esta cita e a súa proxección internacional axudarán a difundir as paisaxes de Lugo. Na presentación, celebrada no club náutico de Ribadeo, participaron tamén Fernando Suárez, Alcalde do Concello de Ribadeo; Jorge Díaz, Concelleiro de Deportes da localidade; José Luís Díaz, representante de patrocinios After Surf, e o organizador da proba deportiva, Óscar García.

A cita, explicou Pilar García Porto, encaixa coa estratexia de impulsar o turismo de experiencias pola que está apostando a Deputación de Lugo: atraer ao visitante con vivencias únicas que só poida atopar na provincia.

A competición

Estes días daranse as condiciones óptimas para que o Panchorro acade os 20 metros. O mar necesita que a dirección da borrasca sexa de Noroeste Norte, cun mar de fondo de máis de 5 metros de altura de onda. Dende a organización explicaron que hai anos que non se dá esta previsión.

Entre o domingo 9 e o martes 11, participarán no reto de Illa Pancha case 40 surfistas, 24 deles farano no campionato oficial. En ningún outro evento de este tipo houbo tantos grandes surfistas xuntos. A armada brasileira, encabezada polo mellor do mundo nestas olas, Lucas Chumbo; o plusmarquista mundial de ondas xigantes, Rodrigo Koxa; e un longo listado, entre os que estarán Alemao de Maresías, Remi Arauzo ou Joao Guedes. Tamén participará unha parella de surfistas galegos, formada por Jairo Barral e Juan Fernández.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18331003189087