A Deputación prepara coas corais lucenses unha nova edición do programa musical de Nadal

LugoXa
A deputada de Cultura, Iria Castro, mantivo un encontro con representantes das agrupacións para avanzar na organización dunha iniciativa que volverá levar a música ás rúas e aos espazos públicos da cidade durante as festas
Reunion-corais-Lugo
12 Nov 2026

A deputada de Cultura, Iria Castro, reuniuse con representantes das corais lucenses para avanzar na preparación dunha nova edición do programa musical de Nadal impulsado pola área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación.

A iniciativa celebrarase un ano máis co obxectivo de achegar a música á cidadanía e dinamizar as rúas e os espazos públicos de Lugo durante todo o período natalicio. O programa contará coa participación das agrupacións corais da cidade, que contribuirán a crear ambiente festivo a través das súas actuacións.

0.17014908790588