A Deputación realizará melloras nunha estrada provincial da Fonsagrada

LugoXa
A Deputación de Lugo vén de aprobar en Xunta de Goberno a realización de melloras nunha estrada provincial da Fonsagrada
asfaltado aglomerado estrada
asfaltado aglomerado estrada
25 Feb 2023

A Xunta de Goberno da Deputación vén de licitadar, por un importe que supera os 311.000€, as obras de mellora de novos treitos da estrada provincial LU-P-1911 na Fonsagrada, de Mesón Novo a Ventorrillo. En concreto, os traballos afectarán ao tramo inicial, ata o quilómetro 4,345; e do punto 6,073 ao 6,822.

Uns traballos que consistirán na limpeza dos laterais, obras de drenaxe, pavimentación con aglomerado en quente e sinalización, e que “complementan os que xa acometemos recentemente nesta estrada, en concreto noutros dous tramos, ata Chao de Vaga, cun investimento doutros 200.000€”, sinalou García Porto, que destacou a importancia dunha vía “que dá servizo a centos de veciños e veciñas da zona, na que se concentran numerosas explotacións gandeiras e varias casas de turismo rural”.

0.19521284103394