A dirección do IES de Foz visitou centros educativos que imparten FP en empresas de Alemaña

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O director do IES de Foz, Nicolás Asensio, e o inspector educativo do centro, Javier Suárez, realizaron unha mobilidade Erasmus+ en Alemaña, dende o 21 ao 28 de setembro,  dentro do programa para Educación Superior KA103.
70865582_122700335791582_4942462757225103360_o
29 sep 2019

O director do IES de Foz, Nicolás Asensio, e o inspector educativo do centro, Javier Suárez, realizaron unha mobilidade Erasmus+ en Alemaña, dende o 21 ao 28 de setembro,  dentro do programa para Educación Superior KA103. Durante estes días visitaron diversos centros educativos que imparten FP no país xermano, como o Berufsbildende Schule Südliche Weinstraße, e centros da FP Dual, como o Johann-Georg-Doertenbach-Schule, coas particularidades propias desta modalidade no país. Tamén están coñecendo empresas onde realizan prácticas os alumnos/as deses centros e negocios relacionados coa hostalería do país, como bodegas ou escolas de viticultura, como a Weincampus Neustadt. 

O fin destas actividades, financiadas pola Unión Europea, é a de acadar un maior  desenrolo profesional dos participantes, mellorando o seu nivel de aptitudes e competencias clave, impulsando melloras na calidade e na  internacionalización do IES de Foz, promovendo a concienciación dun espazo europeo de aprendizaxe, potenciando a dimensión internacional da organización e mellorando a ensinanza-aprendixaxe de linguas estranxeiras. Os resultados sempre son moi positivos para todos os  participantes e para o IES de Foz, fomentándose novas mobilidades e outras formas de traballar.

Na fotografía aparecen Javier Suárez e Nicolás Asensio con Stephan Bernhard, chef do Le Jardin de France, restaurante con estrela Michelín que está en Baden Baden.

0.19218492507935