A EMMeD de Ribadeo inicia o curso con 340 alumnos

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
3 Oct 2020

A Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo vén de iniciar o curso 2020/2021 con 340 alumnos e alumnas matriculados de entre 4 e 80 anos, unha cifra un pouco menor con respecto ao curso pasado, pero que dadas as circunstancias sanitarias actuais é moi satisfactoria, e que fai da EMMeD de Ribadeo o centro destas características con maior número de persoas matriculadas na comarca da Mariña e no occidente asturiano. 

O claustro docente da EMMeD de Ribadeo estará formado por 13 profesores e profesoras, un por cada unha das disciplinas que oferta o centro, o que garante que o alumnado disporá dunha “atención especializada en cada un dos instrumentos ou das materias que imparte a Escola”, segundo apunta Hugo García Presno, responsable da EMMeD de Ribadeo. 

0.16691303253174