A EOI de Lugo organiza un obradoiro gratuíto de iniciación á micoloxía

LugoXa
A actividade celebrarase o 14 de novembro cunha ruta polo contorno dos Hortos do Rato para aprender a identificar diferentes especies de fungos
centro-interpretacion-terras-do-mino-lugo-rato
28 Oct 2026

A Escola Oficial de Idiomas (EOI) de Lugo colabora nun obradoiro gratuíto de iniciación á micoloxía incluído no programa Hortos Urbanos 2026 da Deputación de Lugo. A proposta combinará a aprendizaxe sobre o mundo dos fungos cun percorrido polo contorno dos Hortos do Rato.

A actividade permitirá aos participantes iniciarse na identificación e no recoñecemento de diferentes especies de fungos, ao tempo que descobren a riqueza natural da contorna. O obradoiro desenvolverase integramente en galego, polo que tamén ofrecerá unha oportunidade para practicar a lingua nun contexto práctico e vinculado ao medio ambiente.

A sesión terá lugar o sábado 14 de novembro, de 10:00 a 14:00 horas, no Centro de Interpretación Terras do Miño, situado no paseo do Rato, sen número. A participación será gratuíta, aínda que as prazas son limitadas.

As persoas interesadas en asistir deberán enviar un correo electrónico a eoi.lugo.medioambiente@edu.xunta.gal cos seus datos para formalizar a inscrición.

0.15208697319031