A Escola de Escritores Emcreativo de Alucem retoma as súas actividades en Lugo

LugoXa
O proxecto busca crear un espazo de encontro a través da escritura entre persoas con e sen discapacidade
edificio-O-Vello-Cárcere-Lugo-portada
20 Sep 2026

A Escola de Escritores Emcreativo de Alucem retoma a súa actividade en Lugo tras un breve parón cun novo curso aberto a toda a poboación, aínda que con participación prioritaria para os socios e socias da asociación. O proxecto utiliza a escritura como ferramenta para crear un espazo de encontro entre persoas con e sen discapacidade.

As clases celebraranse todos os martes, de 18:00 a 20:00 horas, no Vello Cárcere. O curso incluirá exercicios de escritura creativa, información sobre concursos literarios, procura de editoriais e orientación sobre maquetación e impresión de novelas, adaptándose ao ritmo e nivel de cada participante.

A iniciativa conta co apoio de Nexo Artistas, a Dirección Xeral de Persoas con Discapacidade e o Concello de Lugo. Ao longo da súa traxectoria, Emcreativo foi recoñecido en dúas ocasións como mellor proxecto de España pola Fundación Sanofi, mentres que os seus alumnos e alumnas recibiron numerosos premios literarios.

O inicio do curso contará cunha actividade aberta o sábado 26 de setembro, ás 18:00 horas, na Casa Clara Campoamor, no parque de Frigsa. A primeira clase maxistral estará dedicada aos concursos literarios e celebrarase o martes 29 de setembro, ás 18:00 horas, no salón de actos da Biblioteca Pública de Lugo.

As persoas interesadas poden inscribirse ou solicitar máis información a través do correo generalalucem@gmail.com ou no teléfono e WhatsApp 695 681 329.

0.14867496490479