A Escola de Maiores do Concello de Xove continúa coas actividades

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
21 Abr 2020

A Escola de Maiores do Concello de Xove segue en activo dende os domicilios. A Educadora Familiar, Angélica Casabella, elabora material cada 10 días para cada persoa participante, que é entregado a domicilio  polo vixiante municipal.

Entre o material entregado inclúense fichas de língua, matemáticas, atención e concentración, estimulación cognitiva e memoria

Deste xeito, a Escola de Maiores continúa coas súas actividades, co obxectivo de  mellorar a calidade de vida e o envellecemento activo dos seus participantes, así como a oportunidade de desenvolver a súa creatividade, aptitudes e habilidades.

0.13197016716003