A Escola Deportiva Shihan destaca na liga nacional de Ourense
LugoXa
Xoán Rosa e Carmen Cendán conseguen medallas de ouro, mentres o resto de deportistas tamén sobresaen no tatami

27 Oct 2025
Este fin de semana, a Escola Deportiva Shihan participou na liga nacional celebrada en Ourense, competindo desde a categoría benxamín ata a xuvenil.
Xoán Rosa conquistou a medalla de ouro en Kata Benxamín-Infantil Silla de Rodes k.30, mentres que Carmen Cendán acadou o ouro en Kumite Alevín <26 kg.
Destácase tamén a actuación do resto dos deportistas, que a pesar de non conseguir medalla, demostraron unha excelente participación e brillaron sobre o tatami.