A Escola Deportiva Shihan destaca na liga nacional de Ourense

Este fin de semana, a Escola Deportiva Shihan participou na liga nacional celebrada en Ourense, competindo desde a categoría benxamín ata a xuvenil.
Xoán Rosa conquistou a medalla de ouro en Kata Benxamín-Infantil Silla de Rodes k.30, mentres que Carmen Cendán acadou o ouro en Kumite Alevín <26 kg.
Destácase tamén a actuación do resto dos deportistas, que a pesar de non conseguir medalla, demostraron unha excelente participación e brillaron sobre o tatami.