A Escola Deportiva Shihan impulsa unha nova sesión de autodefensa feminina

A Escola Deportiva Shihan anunciou unha nova xornada de formación en autodefensa feminina que terá lugar o vindeiro 27 de setembro ás 11.00 horas. A proposta está dirixida a mulleres maiores de 12 anos que desexen reforzar a súa confianza persoal e adquirir recursos para afrontar situacións de risco. As interesadas poden inscribirse a través do teléfono 620 862 179.
Desde a organización lembran que a autodefensa non implica violencia, senón aprender a confiar en si mesma. Estes encontros teñen lugar cada mes e constitúen un espazo seguro no que compartir aprendizaxes nun clima de respecto, apoio e enerxía positiva.
A sesión inclúe técnicas sinxelas e efectivas, dinámicas de acompañamento e un ambiente motivador, pensado para que cada participante descubra a súa propia forza. O obxectivo é que as asistentes se sintan máis seguras, reforcen a súa autoestima e dispoñan de ferramentas prácticas para o seu día a día.
Trátase dunha cita mensual consolidada que busca crear comunidade, ofrecer apoio mutuo e fomentar o empoderamento feminino a través da práctica da autodefensa.