A Escola Deportiva Shihan logra 45 medallas na primeira xornada da Liga Galega de karate

A Escola Deportiva Shihan regresou de Ferrol cun balance de 45 medallas tras a disputa da primeira xornada da Liga Galega de karate. A expedición conseguiu 21 ouros, nove pratas e 15 bronces, uns resultados cos que o club destacou o bo inicio de tempada dos seus deportistas e, especialmente, a súa actitude e os valores amosados durante a competición.
No apartado de kata, Benjamín Veiga proclamouse campión na categoría Benxamín I, igual que Valeria Rubal en Alevín A, Xoan Rosa en Infantil K.30, Ian Pulido en Infantil K.23, Iria Enríquez en Xuvenil A, Iker Ranero en Cadete K.23, Mencía Vilas en Cadete A e Uxía Folgueira en Júnior. As medallas de prata foron para André Castro en Alevín I, Gael Gayoso en Infantil K.23, Ángela Buide en Xuvenil A e María Cendán en Cadete A. Pola súa banda, Lola Arias conseguiu o bronce en Benxamín I, mentres que Martín Viñas e Carla Pombo o fixeron en Alevín I, Lua Sanjurjo en Alevín A, Erika García en Infantil A, Bruno Gómez en Cadete I e Nuria Iglesias en Cadete A.
En kumite, o Shihan sumou outros 13 ouros. André Castro gañou en Alevín -34 quilos A; Carmen Cendán, en Infantil -36 quilos A; Helena Vilariño e Candela Parzani, en Infantil -42 quilos, nas categorías I e A, respectivamente; Daniel Aldeanueva, en Xuvenil -35 quilos A; Iria Enríquez, en Xuvenil -42 quilos A; Paula Arrojo, en Xuvenil -52 quilos I; Xiana González, en Xuvenil +52 quilos I; Adri Liz, en Xuvenil -55 quilos A; María Cendán, en Cadete -47 quilos; Uxía Folgueira, en Júnior -59 quilos; María López, en Júnior -66 quilos, e David Enríquez, en Júnior -61 quilos.
As nove medallas de prata nesta modalidade foron para Valeria Rubal, en Alevín -26 quilos A; Ángela Buide, en Xuvenil -42 quilos A; Jacobo Vilar, en Xuvenil -55 quilos A; Mencía Vilas, en Cadete -47 quilos A, e Alex Díaz, en Cadete -70 quilos A. No medalleiro de bronce figuraron Lua Sanjurjo, en Alevín -26 quilos A; Vega Coto, en Infantil -42 quilos A; Nuria Iglesias, en Cadete -54 quilos A; Leo Aulkemeier, en Cadete -57 quilos A; Mateo Prol, en Júnior -68 quilos; Elena Viñas, en Júnior -59 quilos; Nayla Pin, en Júnior -66 quilos, e Martín Vázquez, en Kumite -76 quilos.
Desde a entidade destacaron que manterse nos postos máis altos do medalleiro é unha tarefa especialmente complicada e amosaron o seu orgullo polos resultados acadados, pero tamén pola actitude dos karatecas e os valores que transmiten en cada competición.