A Escola Deportiva Shihan logra dous ouros e unha prata na Liga Nacional Infantil de karate en Ourense

LugoXa
Xoán Rosa e Ian Pulido proclamáronse campións en kata, mentres que Gael Gayoso conseguiu a prata na mesma categoría
Escola-Deportiva-Shihan-Ourense
9 Nov 2026

A Escola Deportiva Shihan regresou de Ourense cun destacado balance de resultados na Liga Nacional Infantil de karate, unha competición que reuniu 1.100 deportistas das categorías benxamín, alevín, infantil e xuvenil.

Entre os resultados máis destacados estiveron os dous ouros conseguidos por Xoán Rosa, en kata infantil K.30, e Ian Pulido, en kata infantil K.23. Nesta última categoría, Gael Gayoso fíxose coa medalla de prata. A escola tamén puxo en valor o traballo dos seus competidores de parakarate, que continúan avanzando e superándose en cada competición.

En kumite xuvenil de menos de 42 quilos, Ángela Buide acadou a sétima posición tras superar varios combates. Pola súa banda, Carmen Cendán quedou moi preto de disputar unha medalla, cunha actuación que deixou moi boas sensacións no equipo. Iria Enríquez e Valeria Rubal non tiveron fortuna nas decisións arbitrais, mentres que Adrián Liz e Daniel Aldeanueva superaron o primeiro combate e caeron na segunda rolda.

Os deportistas estiveron acompañados por tres representantes do equipo técnico da escola: Gema Morales, María Martín e Adrián Yáñez, coaches nacionais.

0.13459801673889