A Escola Deportiva Shihan logra un éxito rotundo na 3ª xornada da Liga Galega de karate en Maceda

A Escola Deportiva Shihan desprazouse este sábado a Maceda cun numeroso grupo de deportistas para disputar a 3ª xornada da Liga Galega de karate, acadando uns resultados sobresalientes que confirman o gran momento deportivo do club.
A competición pechouse cun balance total de 60 medallas, distribuídas en 20 ouros, 16 pratas e 24 bronces, o que permitiu á escola volver encabezar o medalleiro da xornada cunha actuación colectiva de alto nivel.
Entre os resultados máis destacados figuran os ouros acadados por Lola Arias en Kata prebenxamín, Valeria Rubal en Kata benxamín A, Lua Sanjurjo en Kata alevín I, Ian Pulido en Kata alevín K.23, Diego Lamas en Kata alevín I, Helena Vilariño en Kata infantil I, Iria Enríquez en Kata xuvenil A, Iker Ranero en Kata cadete K.23 e Uxía Folgueira en Kata cadete A. No apartado de kumite, tamén lograron o primeiro posto Antía Fernández, Aroa Castro, Daniel Aldeanueva, Iria Enríquez, Zoe Otero, Martín González, Carla Pérez, David Villar, Nuria Iglesias, Uxía Folgueira e David Enríquez, entre outros triunfos destacados.
As pratas repartíronse entre numerosos deportistas, con actuacións salientables como as de Carla Pombo en Kata benxamín I, Martina Arias en Kata alevín I, Gael Gayoso en Kata alevín K.23, Zeltia González en Kata infantil I, Ángela Buide en Kata xuvenil A, Mateo Aldeanueva en Kata cadete A, ademais de múltiples podios en kumite para deportistas como Andre Castro, Carmen Cendán, Helena Vilariño, Adrián Liz, Jacobo Villar, Naiara Pérez, Raúl López, Noa Ulloa e Pedro Buide, entre outros.
Os bronces completaron unha ampla colleita de medallas con nomes como Alma Tarrío, Martín Viñas, Vega Coto, Cristian Tarrío, Valentina López, Zoe Otero, Nayla Pin, Noa Ulloa e David Enríquez en kata, ademais de numerosos podios en kumite que inclúen a Santiago Grandío, Candela Parzani, Zeltia González, Alberto Ferreiro, María Cendán, Mateo Aldeanueva, Leo Aulkemeier, Mateo Prol, Alex Díaz, Pablo Cruz, César Mesquita, Elena Viñas e Martín Vázquez.
O equipo estivo acompañado por seis adestradores da Escola Shihan, que guiaron e apoiaron aos deportistas durante toda a competición, contribuíndo a un resultado global que reforza o traballo formativo e competitivo do club.