A escudería A pontenova organiza unha cea
TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
A escudería A pontenova prepara unha cea para o sábado 14 de marzo ás 22.
5 Mar 2020
A escudería A pontenova prepara unha cea para o sábado 14 de marzo ás 22.00 horas.
Esta cea será no local das sociedades e estará servida por Lar de Balbina.
O menú de adultos terá xamón cocido, callos, carrileiras, brazo de xitano, tarta xeada e bebidas, e o de nenos, embutido, pizza, tortilla, sobremesas e bebidas. O prezo será de 18 euros para adultos e 13 os nenos.
Para asistir é necesario mercar os tiquets no Lar de Balbina, na librería Eugenia ou no Orli.
Ademais, haberá sorteos de viaxes en karts no kartodromo de Tapia e a festa estará amenizada por DJ Jairo López.