A exposición A Mariña Somerxida pódese visitar en Barreiros
A exposición A Mariña Somerxida vai estar aberta en Barreiros, no salón de actos do Centro Sociocultural de San Cosme en horario de 10 a 14 e de 17 a 19.30 horas, de luns a venres.
A mostra fotográfica que poderase ver ata o 10 de decembro, é obra de Hugo Fernández e Carlos Gil , está composta por cincuenta instantáneas orixinais dos fondos mariños da costa de Lugo.
É unha mostra dun patrimonio natural descoñecido pola maioría que pon en valor a biodiversidade somerxida.
O visitante poderá así coñecer a arte dos oficios mariñeiros e as diferentes formas de vida ligadas ao mar; a importancia dos seus recursos e os incribles habitantes do mesmo.
Pretende ser un referente para a concienciación e divulgación mariña; xa que para poder conservar o patrimonio natural e as especies únicas que temos nas nosas augas, primeiro é necesario coñecer o que vive somerxido na Mariña.