A exposición Aquela nena de Sarria continúa en varios puntos de Lugo e no IES de Chantada

LugoXa | RibeiraSacraXa
A exposición Aquela nena de Sarria pode visitarse de xeito permanente na E.O.I e nos Colexios Fingoi e Franciscanos de Lugo.
aquela nena de sarria
29 May 2021

Nestes momentos, a exposición Aquela nena de Sarria, sobre os anos lucenses de Xela Arias, pode visitarse de xeito permanente na Delegación territorial da Xunta de Galicia, pero tamén está ao dispor do alumnado da Escola Oficial de Idiomas, e dos Colexios Fingoi e Franciscanos da capital lucense. Así mesmo, tamén se atopa no IES Xoan de Requeixo de Chantada. 

Esta simultaneidade de exposicións en diferentes puntos, que totalizan neste momento 44 localizacións desde o comezo en Sarria o pasado 15 de marzo, é posible pola confección de exemplares da exposición en prismas cuadrangulares, dos que once están situados en localizacións fixas en centros administrativos e educativos, na Real Academia Galega ou no Museo da Educación en Galicia, e outros van itinerando pola xeografía galega permitindo atender as moi numerosas peticións que se viñeron formulando para poder dispoñer desta mostra, especialmente arredor do Día das Letras Galegas dedicado á lucense Xela Arias. 

A mostra, producida polo Colectivo Egeria, está patrocinada pola Xunta de Galicia, e nela colaboran a Real Academia Galega e o Concello de Sarria. Dentro do proxecto de igual nome, funciona tamén a web www.aquelanenadesarria.gal, está editado un catálogo para que os visitantes “leven a exposición para a casa”, e vén de publicarse un libro que será presentado na Casa de Cultura de Sarria o próximo luns, 31 de maio, ás cinco da tarde. 


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18638896942139