A exposición Contornos visitarase no Museo de Lugo

LugoXa
O Museo de Lugo acolle dende hoxe e ata o 24 de abril, a XIV exposición itinerante de madeira torneada, Contornos, da última edición.
exposicion contornos museo lugo portada
6 Abr 2022

O Museo de Lugo acolle dende hoxe e ata o 24 de abril, a XIV exposición itinerante de madeira torneada, Contornos, que corresponde á última edición, do 2021.

A mostra conta coas pezas de madeira máis representativas polo seu traballo, que se fixeron e expuxeron en primeiro lugar na Feira de Torneiros que se celebra anualmente en Xermade.

A mostra pode visitarse de luns a venres de 11.00 a 14.00 e de 17.30 a 20.30 horas e os sábados de 10.30 a 14.00 e de 16.30 a 20.00 horas. Os domingos e festvios será de 11.00 a 14.00 horas. A entrada é gratuíta.

0.13653206825256