A exposición “Sempre en Galiza” inaugurarase na Escola Politécnica de Lugo

LugoXa
A mostra, comisariada polo presidente da Real Academia Galega, percorre a obra de Castelao e permanecerá aberta durante todo abril
Sempre-en-Galiza-Castelao-Casa-da-Cultura-Sarria
6 Apr 2026

O mércores 8 de abril de 2026, ás 19.00 horas, terá lugar no Salón de actos da Escola Politécnica Superior de Enxeñería de Lugo a inauguración da exposición “Sempre en Galiza”. A mostra, producida para a Deputación Provincial de Lugo por Merlín Comunicación e a editorial Galaxia, está comisariada polo profesor Xosé Henrique Monteagudo Romero, actual presidente da Real Academia Galega e recoñecido estudoso da figura e obra de Daniel Castelao.

A exposición artéllase en oito paneis distribuídos en catro apartados: o primeiro repasa a etapa de Castelao entre “Sempre en Galiza” e o Consello de Galiza (1934-1944), seguido do Adro e Libro I de “Sempre en Galiza” (1934-1938). O terceiro apartado céntrase nas etapas de Nova York e Bos Aires (1939-1944), mentres que o cuarto abarca Bos Aires, París, o Consello de Galiza e o seu papel como ministro do goberno no exilio (1944-1948).

A mostra recorda a Castelao como un home consciente do seu país e dos tempos que lle tocaron vivir e, 75 anos despois da súa morte, achega ensinanzas válidas para os retos actuais. A Asociación “Estudantado do Cuarto Ciclo do Campus de Lugo” convida á cidadanía a visitar a exposición, que permanecerá aberta ata o remate do mes de abril.

0.14054799079895