Lugo inaugura un laboratorio para a inclusión das persoas con discapacidade

LugoXa
A Aula TIC-Pemes (ATP) da Facultade de ADE do Campus de Lugo da USC, un polo de formación e asesoramento creado hai xa máis de tres lustros para reducir a fenda dixital na sociedade e no tecido empresarial galego, bota a andar unha proposta de orientación social.
ADElugo
24 Feb 2024

A Aula TIC-Pemes (ATP) da Facultade de ADE do Campus de Lugo da USC, un polo de formación e asesoramento creado hai xa máis de tres lustros para reducir a fenda dixital na sociedade e no tecido empresarial galego, bota a andar unha proposta de orientación social. Trátase do proxecto ‘Troia Mentoring’, a través do que se busca habilitar novas pasarelas cara ao emprego e a inclusión activa para colectivos en riscos de exclusión, tal e como son as persoas con discapacidade e síndrome de Down.

O programa, que supón xa o duodécimo proxecto de orientación social impulsado desde 2008 pola ATP da USC, consiste nun modelo de formación e aprendizaxe autónoma a través do que o equipo do campus coordinado polo catedrática Ángeles López Cabarcos achegou competencias profesionais e habilidades sociais e empresariais relacionadas coas tecnoloxías da información e da comunicación a un total de 212 persoas.

A inminente posta en marcha desta acción a prol da inclusión plena e da empregabilidade de persoas con discapacidade e síndrome de Down, revitaliza a dimensión social que desde sempre constituíu un dos sinais de identidade da ATP da USC. A diferencia das once iniciativas anteriores xa desenvolvidas, o proxecto ‘Troia- Mentoring, que tamén está aberto á colaboración e empresas e entidades solidarias a través do mecenado, ofrece ao alumnado beneficiario a dispoñibilidade de persoas de apio, voluntarios e voluntarias do Campus de Lugo seleccionados previamente a través do Servizo de Participación e Integración Universitaria da USC, que acompañarán aos protagonistas durante todo o proceso de formación e tamén nas súas estadías prácticas de inmersión laboral.

A través da proposta dáse continuidade a programas xa rematados, pretende capacitar en habilidades empresariais a persoas con discapacidade e síndrome de Down, a través dun período de 30 horas de formación, que serán impartidas por docentes da USC. Unha vez superado este proceso, as persoas beneficiarias poderán tamén completar unha estadía laboral de máis de 100  en empresas e entidades.

Un mercado laboral máis inclusivo

Un dos principais obxectivos  é que o mercado de traballo deixe de ser un espazo excluínte para as persoas con discapacidade, a fin de converterse nun ámbito onde este colectivo poida exercer o seu dereito a empregarse en calquera novo posto de traballo xerado, demostrando e difundindo a súa capacidade e competencia como persoas traballadoras, sinala a profesora López Cabarcos. “O noso propósito pasa por achegar as empresas a este tipo de alumnado para favorecer, na medida do posible, o seu acceso a postos de traballo de calidade”, salienta.

Alén desta orientación social, o cometido de formación desde a súa creación non é menor. De feito, o balance de actividades presentado tradúcese na organización de 41 cursos sobre temáticas orientadas á utilización das TIC no ámbito empresarial e nos que tomaron parte 542 persoas. O alumnado destas actividades gozou da posibilidade de ser protagonista activo en diversos procesos de aprendizaxe sobre redes sociais e posicionamento web, Facebook para pemes e autónomos, tendas virtuais con Prestashop ou programas e aplicacións informáticas como v-Tiger CRM.

Respecto das accións ou tarefas de asesoramento e empresas e ou entidades, a Aula TIC- Pemes da USC conta tamén con ampla experiencia, como o proba o desenvolvemento de proxectos específicos con administracións públicas e outras accións de formativas con empresas e colectivos empresariais.

0.15632104873657