A Federación veciñal inicia en Lugo un ciclo de charlas sobre as normas dos ríos

LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa
Ademais de Lugo, estarán en Sarria, o Corgo e na Terra Chá
charlas-rios-federacion
Cartel
11 jun 2024

A Federación de Asociacións Veciñais de Lugo Lucus Augusti, chegou recentemente a un acordo coa Confederación Hidrográfica Miño-Sil, para facer unha serie de charlas divulgativas das novas normas que afectan aos bordos dos ríos, sobre limpeza, poda de árbores, etc.

O programa desenvolverase de acordo cun calendario, que se inicia este mércores, 12 de xuño, ás 19.30 horas na Federación Veciñal, para tratar a zona urbana do Concello de Lugo.

O  17 de xuño, de novo ás 19:30 horas estarán na Asociación de Veciños As Campas de Galegos.

Dous días despois será a vez da Asociación de Veciños de San Andrés de Castro Conturiz.

O 20 de xuño, 20:00 horas na visitarán a Asociación Veciñal Penedos do Raposo de San Miguel de Vilapedre, en Sarria, para tratar sobre a zona sur.

Será o 27 de xuño, ás 19:30 horas cando visiten o centro cultural do Corgo, á beira do centro médico.

Queda por confirmar unha data na Terrachá.