A Feira de San Isidro volverá A Milagrosa con gastronomía, música e actividades do 22 ao 24 de maio

LugoXa
A cita incluirá degustacións, produtos de proximidade, a Festa do Becerro ao espeto e a entrega de lotes de queixos
Presentación-San-Isidro-A-Milagrosa-26
15 May 2026

A Feira de Produtos do Campo e Artesanía foi presentada para unha nova edición que se celebrará no barrio da Milagrosa entre o 22 e o 24 de maio, cun programa que combina gastronomía, tradición e actividades festivas ao longo de toda a fin de semana.

A programación arrancará o venres 22 de maio coa festa gastronómica da mazá asada e estenderase ata o domingo 24, xornada na que terá lugar unha degustación de produtos da provincia e a entrega de centos de lotes de queixos. O sábado 23 celebrarase a XXV Festa do Becerro ao espeto, unha das citas centrais do evento. Durante os tres días, a música tradicional e as charangas amenizarán a feira.

A presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, presentou a iniciativa xunto ao presidente da Asociación de Veciños, Comerciantes e Industriais da Milagrosa, Jesús Vázquez, nun acto celebrado nos patios interiores do Pazo de San Marcos. López destacou que se trata de “unha das citas máis queridas da cidade” e subliñou a orixe do barrio, vinculado á chegada de familias procedentes do rural da provincia, que achegaron unha forma de vida, traballo e relación coa terra que segue presente no ambiente e nos produtos da feira.

A dirixente provincial felicitou ademais á asociación veciñal pola organización do evento, que conta coa colaboración da Deputación de Lugo a través dunha achega de produtos de proximidade. Tamén destacou a figura do pregoeiro desta edición, Roberto Fernández Rico, alcalde da Ribeira de Piquín e presidente da Fundación TerrEo, a quen definiu como unha persoa vencellada ao rural e coñecedora do valor das feiras populares como espazos de encontro e memoria compartida.

A organización convida a toda a cidadanía a achegarse ao barrio da Milagrosa durante a fin de semana para gozar desta cita.

0.094781875610352