A feira 'L de Lugo' terá lugar no Pazo de Feiras os días 26 e 27 de outubro

LugoXa
Reunirá ás principais empresas de distribución relacionadas co sector e ofrecerá degustacións e distintas actividades arredor da gastronomía
reunión-Adis-Lugo
16 May 2025

O presidente da Asociación de Distribuidores de Hostalaría e Alimentación de Lugo (AdisLugo), Eloy García, e outros representantes da entidade reuníronse co delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, para avanzar nas liñas de colaboración de cara á quinta edición da feira “L de Lugo”.

O evento terá lugar no Pazo de Feiras os días 26 e 27 de outubro, e de novo reunirá ás principais empresas de distribución relacionadas co sector e ofrecerá degustacións e distintas actividades arredor da gastronomía.

A Xunta vén colaborando con AdisLugo nesta feira “que non deixa de medrar ano tras ano como un excelente escaparate para os alimentos galegos de calidade e que apuntala a gastronomía como un dos nosos principais recursos turísticos”, afirmou Arias.

⚙ Configurar cookies
0.1321280002594