A Festa da Malla regresará á Proba coa súa segunda edición o 8 de agosto

A xornada incluirá demostracións das tarefas tradicionais da malla, música en directo e servizo de polbo e churrasco
malla-de-meira
27 Jul 2026

A parroquia da Proba, no concello de Navia de Suarna, volverá poñer en valor as tradicións do rural coa celebración da segunda edición da Festa da Malla, que terá lugar o sábado 8 de agosto na finca de Barciabel.

A programación desenvolverase en horario de 11:00 a 13:00 horas e de 16:00 a 21:00 horas, ofrecendo aos asistentes a oportunidade de coñecer de preto as antigas tarefas da malla, unha das labores agrícolas máis representativas da cultura tradicional galega.

A partir das 22:30 horas, a festa continuará cunha actuación musical a cargo do DJ Vicerredo, que porá o broche final a unha xornada de convivencia e recuperación do patrimonio etnográfico.

Durante toda a celebración haberá ademais servizo de polbo e churrasco, completando unha cita organizada pola asociación Amigos da Malla de Navia de Suarna, que busca manter vivas as tradicións e fomentar o encontro entre veciños e visitantes.

0.13419103622437