A Festa da Tenreira Galega de Becerreá celebrará a súa décimo novena edición o 8 de agosto

LugoXa
A programación combinará gastronomía, tradición, música e artesanía, con pasarrúas, demostración de olería e verbena
vacas-tenreira-galega
26 Jul 2026

Becerreá volverá converterse nun escaparate da gastronomía e das tradicións galegas coa celebración da XIX Festa da Tenreira Galega, que terá lugar o sábado 8 de agosto.

A programación dará comezo ás 18:30 horas cun pasarrúas amenizado pola Charanga DGT, que percorrerá as rúas da vila creando ambiente festivo entre veciños e visitantes.

Media hora despois, ás 19:00 horas, celebrarase unha demostración de alfarería de Buño, na que o público poderá coñecer de primeira man o traballo artesanal e as técnicas tradicionais desta histórica cerámica galega.

A xornada rematará coa verbena, que dará comezo ás 00:00 horas e estará amenizada polo Dúo Alma Nova, encargado de pechar unha nova edición desta cita dedicada á promoción da Tenreira Galega e da gastronomía local.

0.11942601203918