A Festa da Terceira Idade reúne en Guntín á veciñanza antes da actuación da Panorama

LugoXa
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, participou no encontro, mentres que esta noite a Festa da Xuventude contará coa actuación gratuíta da coñecida orquestra
Festa_Terceira-Idade_Guntin-26
22 Jul 2026

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, participou este mediodía na XXXII Festa da Terceira Idade de Guntín, celebrada no polideportivo do CPI Tino Grandío. Durante a súa visita, compartiu xornada coa veciñanza e puxo en valor a traxectoria deste encontro, xa consolidado como unha cita de referencia para as persoas maiores do municipio.

A titular de Medio Rural destacou a importancia dunha celebración que, segundo sinalou, contribúe a fortalecer a convivencia e a dinamizar a vida social da contorna, ao tempo que ofrece un espazo de encontro para os veciños e veciñas de Guntín.

A programación festiva continuará esta noite coa celebración da Festa da Xuventude, organizada polo Concello de Guntín. A cita estará marcada pola actuación gratuíta da Orquestra Panorama, unha das formacións máis populares do panorama musical galego, que será a encargada de animar unha noite na que se agarda unha importante asistencia de público.

0.12255001068115