A Festa da Xuventude chega mañá a Guntín

LugoXa
Guntín celebra a primeira Festa da Xuventude o xoves 28 de xullo con actividades para os mais pequenos e música.
Festa xuventude guntin portada
27 Xul 2022

O concello de Guntín celebra o mañá xoves 28 de xullo a súa primeira festa da xuventude.

A xornada dará comezo ás 13:45 coa sesión vermú a cargo da Banda Municipal de Guntín. A tarde continuará cunha festa infantil a partir das 19:00 na praza da igrexa a cargo de Total Sport.

Como final de festa a verbena coa actuación da orquestra Panorama que estarán acompañados polo Dj Marcos Magán.

0.11436009407043