A Festa Normanda impulsa ao Concello de Foz coa axuda provincial
A Deputada de Economía, Recadación, Facenda e Contas, Mayra García Bermúdez, participou este venres xunto ao Alcalde de Foz, Francisco Cajoto Caserío, nos actos da IX Festa Normanda de Recuperación da Memoria Histórica de Foz. Mayra García subliñou que a Deputación contribúe a dinamizar esta festa de recreación histórica, que impulsa o turismo no Concello de Foz e na costa lucense, levando a través do Centro de Artesanía e Deseño unha demostración de forxa do artesán Víctor Uríz.
A lectura do pregón foi realizado pola presentadora Belinda Washington na área recreativa do Bispo Santo, onde tamén tivo lugar unha representaron teatral da Lenda de San Gonzalo. A IX Festa Normanda de Foz continuará ata o domingo con diversas actividades de animación.