A Foliada da Fonsagrada celebrou a súa décima edición cun éxito sen precedentes

LugoXa
Centos de persoas achegáronse este fin de semana á capitalidade municipal para disfrutar dun festival cheo de música, tradición e actividades culturais
Foliada-da-Fonsagrada-2025
Actualizada el 9 diciembre 2025, 08:35 horas
8 Dec 2025

A Fonsagrada converteuse este fin de semana no epicentro da música e da tradición galega coa décima edición da Foliada, que congregou a centos de persoas procedentes de todos os recunchos de Galicia. A cita superou todas as expectativas, consolidándose como unha referencia imprescindible no calendario cultural da comunidade.

Durante o festival, os asistentes puideron gozar das actuacións de Baiuca e De Ninghures, Unto Vello, El Nido, Delameseta, Os Melidaos e Duendeneta. Ademais, tamén estiveron presentes artistas e cantantes que, aínda que non actuaron oficialmente, sumáronse á festa, como o cantante Ortiga ou o actor e recentemente iniciado na música Xoán Fórneas, que interpretou o seu tema 'Ferido'.

Como é tradición, a carpa destinada aos concertos encheuse de público, pero tamén os establecementos da capitalidade municipal vibraron cos tradicionais cantos de taberna. A Foliada ampliou a súa oferta cultural con diversas actividades, entre as que destacaron rutas guiadas, obradoiros, a Feira de Artesanía, a presentación do libro de Adri Méndez e a proxección de documentais.

Esta edición deixa patente o crecente interese pola música e a cultura galega, consolidando a Foliada da Fonsagrada como un evento que combina tradición, innovación e participación cidadá.

⚙ Configurar cookies
0.080663204193115