A Fonsagrada acolle a II Mostriña Infantil organizada por Antaruxas e Sorteiros

Antaruxas e Sorteiros organiza a II Mostriña Infantil na Fonsagrada, unha proposta cultural e lúdica que terá lugar o 20 de xuño ás 17:00 horas na Praza da Igrexa. O evento reunirá diferentes agrupacións nunha xornada pensada para o público infantil e familiar.
A programación contará coa participación do grupo Airiños do Neira, procedente de Baralla, que será un dos protagonistas desta mostra de música e tradición.
Ao remate das actuacións, a xornada completarase con xogos tradicionais da man de Sororas.gal, que se desenvolverán na pista rosa, poñendo o broche final a unha tarde centrada na cultura popular e na participación.