A Fonsagrada acolle a inauguración da exposición 'Castiñeiros Senlleiros' este venres

LugoXa
É unha mostra que pon en valor a importancia ecolóxica, cultural e paisaxística dos castiñeiros máis emblemáticos da contorna
Casa_da_Cultura-A Fonsagrada
8 May 2025

O venres, 9 de maio de 2025, ás 12:00 horas, terá lugar na Casa da Cultura da Fonsagrada a inauguración da exposición 'Castiñeiros Senlleiros', unha mostra que pon en valor a importancia ecolóxica, cultural e paisaxística dos castiñeiros máis emblemáticos da contorna.

A apertura da exposición estará a cargo de Víctor García, técnico da Consellería de Medio Ambiente Natural, quen achegará aos asistentes unha visión experta sobre estes exemplares arbóreos que forman parte do patrimonio natural galego.

A actividade está organizada polo Museo Comarcal da Fonsagrada, e conta coa colaboración do Concello da Fonsagrada e a Deputación de Lugo.

Trátase dunha iniciativa que busca concienciar sobre a conservación destes árbores singulares, que teñen sido testemuñas do paso do tempo e son símbolo de identidade das zonas rurais.

A exposición poderá visitarse nas instalacións da Casa da Cultura durante as semanas seguintes, converténdose nun espazo de encontro e reflexión arredor da natureza e o territorio.

⚙ Configurar cookies
0.16965413093567