A Fonsagrada acolle a XII edición do seu Certame de Tapas entre o 26 e o 28 de xuño

A Fonsagrada celebrará do xoves 26 ao sábado 28 de xuño a XII edición do seu Certame de Tapas, unha cita gastronómica xa consolidada no calendario local que convida a veciñanza e visitantes a gozar dunha ampla variedade de propostas culinarias.
Durante tres xornadas, en horario de 20:00 a 23:00 horas, os establecementos participantes ofrecerán tapas especiais elaboradas para a ocasión, con ingredientes de calidade e moita creatividade. Estes son: Mesón Catro Ventos, Polbería O Candal, Café Bar Club, Bar da Comisión de Festas, Restaurante Cantábrico, Bar O Atallo e o Complejo O Piñeiral.
A iniciativa, organizada polo Concello da Fonsagrada coa colaboración da Deputación de Lugo e Estrella Galicia, busca dinamizar a hostalaría local, atraer turismo e poñer en valor a gastronomía como parte esencial da identidade cultural da comarca.