A Fonsagrada acolle en agosto o Festivaliño

LugoXa
O Concello da Fonsagrada acolle o 3 de agosto o Festivaliño, un pequeno gran festival que contará con actividades, obradoiros e música.
biblioteca a fonsagrada
12 Xul 2021

O Concello da Fonsagrada acolle o vindeiro 3 de agosto o Festivaliño, un pequeno gran festival. Un proxecto de distribución, exhibición e creación de cine infantil para nenos e nenas, nunha caravana itinerante por todo o noroeste penínsular.

Así mesmo, a xornada estará composta de obradoiros, música, rodaxes e moitas sorpresas, que propician unha nova ventana de exhibición de pezas audiovisuais para nenos e nenas, de entre 0 e 12 anos, aos que se lles achegan novos contidos audiovisuais dunha maneira lúdica á par que didáctica.

Esta actividade realízase no xardín da Casa da Cultura o martes 3 de agosto de 17.00 a 20.00 horas dentro do programa de dinamización da lectura Ler conta moito.

0.14855408668518