A Fonsagrada acolle o 13 de xullo un concerto de Pakolas
LugoXa
A cita con Ramona Órbita: a dona do tempo arrincará ás 18.00 horas o martes 13 de xullo no xardín da casa da Cultura da Fonsagrada.
30 Xuño 2021
A cita con Ramona Órbita: a dona do tempo arrincará ás 18.00 horas o martes 13 de xullo no xardín da casa da Cultura da Fonsagrada dentro do programa de dinamización da lectura Ler Conta Moito. A entrada é gratuíta e libre ata completar o aforo, máis reducido do habitual debido á norma anticovid.
No concerto, artista e pequenos cantarán a historia de Ramona Órbita, unha muller labrega da Serra do Courel, que posúe unha horta cibernética con patacas automáticas, e ademais ten unha máquina do tempo, o seu mellor invento. Con ela viaxa ao futuro e ao pasado na procura de tecnoloxía para crear un mundo mellor, máis ecolóxico e con enerxías limpas.