A Fonsagrada acolle unha xornada para asesorar aos veciños cos trámites máis habituais

LugoXa
No encontro resolveranse dúbidas e axudarán á veciñanza a obter o certificado dixital e a cl@ve permanente
rexistro-xeral-ordenador-informatica
Imaxe de arquivo
11 Xuño 2024

A Fonsagrada acolle unha xornada para asesora aos veciños cos trámites máis habituais. A cita será o día 13 de xuño na Aula CeMIT da Casa da Cultura, solicitando cita previa no 982 340 245

No encontro resolveranse dúbidas e axudarán á veciñanza a obter o certificado dixital e a cl@ve permanente para que relacionarse electrónicamente coas Administracións Públicas. Nesta ocasión acudirá tamén persoal do SEPE para ofrecer información sobre prestacións por desemprego e a súa tramitación online e presencial.

0.19600415229797