A Fonsagrada acollerá o 25 de abril a Feira de San Marcos con poxa e degustación de carne

LugoXa
O prazo de inscrición estará aberto ata o 10 de abril e os participantes deberán cumprir o regulamento sanitario municipal
fonsagrada-Feira-de-Gando-Vacún-2
28 Mar 2026

A Fonsagrada celebrará o vindeiro sábado 25 de abril de 2026 unha nova edición da Feira de San Marcos, unha cita destacada no calendario gandeiro da comarca que reunirá profesionais do sector e público en xeral arredor da tradición e a promoción das razas autóctonas.

O evento terá lugar no mercado gandeiro comarcal e contará cun programa que inclúe a participación de distintas razas de gando, consolidando esta feira como un espazo de referencia para o encontro entre criadores e afeccionados.

As persoas interesadas en participar deberán formalizar a súa inscrición antes do 10 de abril nas oficinas do Concello de A Fonsagrada, en horario de 09:00 a 14:00 horas. Ademais, todos os participantes estarán obrigados a cumprir co regulamento sanitario da feira, que se pode consultar na páxina web municipal.

Entre as actividades previstas destaca a celebración dunha poxa de novillas de raza Rubia Galega, así como unha degustación gratuíta de Tenreira Galega Suprema, co obxectivo de poñer en valor a calidade dos produtos cárnicos da zona.

A Feira de San Marcos reafírmase así como unha cita clave para o sector primario local, contribuíndo á dinamización económica e á promoción do medio rural.

0.1256320476532