A Fonsagrada celebra a súa Feira de San Marcos

LugoXa
A Fonsagrada celebra a Feira de San Marcos o vindeiro sábado 27 de abril.
19 Abr 2024

A Fonsagrada celebra a Feira de San Marcos o vindeiro sábado 27 de abril. Na cita organízase unha subasta de novillas de rubia galega e unha degustación gratuíta de tenreira galega suprema.

Ademais os asistentes poderán gozar de postos de artesanía e unha zona para poder desfrutar de polbo e churrasco. O evento está organizado polo Concello da Fonsagrada e conta coa colaboración de Acruga, Asgafon e a Agrupación de defensa sanitaria gandeira ADS Fonsega.

0.18967795372009