A Fonsagrada celebra as súas festas na honra de Santa Maria
A Fonsagrada celebra as festas na honra de Santa María dende o día 8 ata o 10 de setembro con unhas xornadas cheas de música e celebración.
As festas comezan o xoves día 8 con unha paellada popular ás 21.30 para continuar con unha verbena a cargo de Tania e o seu Acordeón e o grupo Madastur. Ás 00.00 terá lugar unha queimada popular.
O venres día 9 haberá sesión vermú polos bares da vila ás 13.30 a cargo da Charanga Louband. Xa pola noite unha verbena amenizada pola orquestra Escaparate e o Grupo Platinum.
Para rematar as celebracións o sábado día 10 ás 13.30 haberá sesión vermú polos bares da vila a cargo de Dmiron. Pola tarde a partir das 18.30 actuación de Antaruxas e sorteiros. Como fin de festas unha verbena ás 23.30 co grupo Punto Clave e a orquestra Sinfonía.