A Fonsagrada celebra o martes 17 de febreiro un entroido infantil con animación e merenda

A Fonsagrada acollerá o martes 17 de febreiro unha festa de entroido pensada especialmente para o público infantil. A proposta inclúe animación e merenda para que os nenos e nenas poidan gozar dunha tarde lúdica marcada polos disfraces, a música e o ambiente festivo propio destas datas.
A celebración dará comezo ás 17:00 horas e desenvolverase no comedor da Escola Fogar, que se converterá no punto de encontro das familias que desexen participar nesta actividade organizada para dinamizar o Entroido no municipio e ofrecer unha alternativa de lecer aos máis pequenos.