A Fonsagrada celebrará o Corpus cunha gran programación o vindeiro 22 de xuño

O municipio de A Fonsagrada acollerá o vindeiro 22 de xuño unha completa programación con motivo da celebración do Corpus, nunha xornada pensada para toda a veciñanza e visitantes, combinando tradición relixiosa, música, animación e actividades infantís.
A festa comezará ás 11:30 horas coa Misa de Primeiras Comuñóns, seguida dunha Misa Solemne ás 13:00. Un dos momentos centrais da mañá será a Procesión Eucarística, que terá lugar ás 13:30 horas, acompañada polos tradicionais Antaruxas e Sorterios, símbolo da cultura local.
A partir das 14:00 horas, a Praza converterase nun espazo de encontro coas actuacións musicais dos Antaruxas e, media hora despois, celebrarase un vermouth popular amenizado pola Louband.
Xa pola tarde, os máis pequenos poderán desfrutar de inchables e animación infantil a cargo de Total Sport, a partir das 18:00 horas.
A xornada culminará cunha gran verbena ás 20:30, coa actuación de DJ Lastweek, poñendo o broche final a unha festa que busca dar a benvida ao verán cun ambiente festivo e familiar.
Desde a organización lembran que as familias dos nenos da comuñón pasarán polas vivendas e establecementos para solicitar colaboración veciñal, animando a toda a comunidade a participar activamente nesta celebración.