A Fonsagrada celebrará o Día das Letras Galegas cun festival cultural e homenaxes o 17 de maio

O A Fonsagrada acollerá o vindeiro 17 de maio unha nova edición do Festival do Día das Letras Galegas, unha cita cultural que reunirá música, baile, maxia e recoñecementos nunha xornada dedicada á lingua e á cultura galega.
A actividade celebrarase no salón de actos de Os Chaos e arrancará ás 17:15 horas coa apertura do certame e a actuación de música e baile da A.C. Antaruxas e Sorteiros.
Ás 17:45 horas terá lugar a presentación e homenaxe á escritora Begoña Caamaño, nun dos actos centrais da programación organizada con motivo das Letras Galegas.
A continuación, ás 18:00 horas, o público poderá asistir á actuación do Mago Paco, que presentará o espectáculo “Sorrisos máxicos”.
O programa continuará ás 19:00 horas coa entrega de premios do certame e finalizará ás 19:20 horas coa actuación musical da Asociación Cultural Antaruxas e Sorteiros.
O festival está organizado pola A.C. Antaruxas e Sorteiros e conta coa colaboración do Concello da Fonsagrada.